Efervesciencia

Efervesciencia

Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros. Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Aínda non coñeces á nosa Avoa de Einstein?

Episodes

October 25, 2025 40 mins
[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego "A serie Clopen". Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena Vázquez Abal.
Mark as Played
(4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta Javier Pedeira "Wicho". (28:10) Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo c...
Mark as Played
(3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos con Iria Gómez Touriño, líder do grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do CIMUS. Recentemente publicaron en Nature C...
Mark as Played
(3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen disparados a 5000 km/segundo. Este resultado foi publicado en "Nature Astronomy" polo grupo de ondas gravitacionais do IGFAE. Conversamos con Juan ...
Mark as Played
(1:56) O "aerotrastornado" Javier Pedreira "Wicho" cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de Barcelona. (46:42) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (49:04) Josep Rotllant (IIM-CSIC) explíc...
Mark as Played
September 5, 2025 57 mins
(3:25) As altas temperaturas nocturnas das vagas de calor aumentan a nivel mundial a mortalidade nun 3% segundo un estudo coordinado por Dominique Royé (MBG-Galicia). (11:56) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (13:10) Os lobos son un dos poucos animais salvaxes que aínda perduran no noso territorio. E para sobrevivir o que lles convén é xusto o contrario, pasar o máis desapercibidos posibl...
Mark as Played
(00:00:00) Efer 718 (5-7-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos
(00:02:53) Xenoma galego con Antonio Salas
(00:17:57) Efeméride 5 de xullo
(00:19:17) Comunicar Ciencia na Radio
(00:42:43) Ángel Vidal en Ciencia Calidade

(02:53) Antonio Salas (IDIS-USC) preséntanos un estudo xenómico da poboación galega que analizou máis de mil xenomas completos. Os resultados confirman unha vez máis unha influencia xenética significativa ...
Mark as Played
Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.
Mark as Played
June 27, 2025 57 mins
(0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago  Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na última edición do "Ciencia Calidad...
Mark as Played
Viaxamos á Fonsagrada para coñecer "in situ" unha nova edición do proxecto "Ciencia á Feira". (2:46) Alí conversamos con Ana Cabana sobre a historia do monte comunal en Galicia, con Iago e Yoel sobre mercados de carbono e con Helga Peral sobre o propio proxecto. (33:31) Efeméride do 19 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:10) Antía Vázquez preséntanos o seu monólogo "Sobras con superpoderes" que quedou ...
Mark as Played
June 13, 2025 61 mins
Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no Mosteiro de Caaveiro con Maite Vence...
Mark as Played
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.
Mark as Played
May 23, 2025 65 mins
[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Instituto de Investigación Sanitaria de Sa...
Mark as Played
Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do "Circuito", o servizo educativo do...
Mark as Played
May 20, 2025 11 mins
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, República Dominicana e Galicia
Mark as Played
Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez. 
(15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso esc...
Mark as Played
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de Ussaramanna (Cerdeña) Rosella Urrú...
Mark as Played
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.
Mark as Played
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de informació...
Mark as Played
(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC Bio...
Mark as Played

Popular Podcasts

    Current and classic episodes, featuring compelling true-crime mysteries, powerful documentaries and in-depth investigations. Follow now to get the latest episodes of Dateline NBC completely free, or subscribe to Dateline Premium for ad-free listening and exclusive bonus content: DatelinePremium.com

    Stuff You Should Know

    If you've ever wanted to know about champagne, satanism, the Stonewall Uprising, chaos theory, LSD, El Nino, true crime and Rosa Parks, then look no further. Josh and Chuck have you covered.

    The Breakfast Club

    The World's Most Dangerous Morning Show, The Breakfast Club, With DJ Envy, Jess Hilarious, And Charlamagne Tha God!

    Crime Junkie

    Does hearing about a true crime case always leave you scouring the internet for the truth behind the story? Dive into your next mystery with Crime Junkie. Every Monday, join your host Ashley Flowers as she unravels all the details of infamous and underreported true crime cases with her best friend Brit Prawat. From cold cases to missing persons and heroes in our community who seek justice, Crime Junkie is your destination for theories and stories you won’t hear anywhere else. Whether you're a seasoned true crime enthusiast or new to the genre, you'll find yourself on the edge of your seat awaiting a new episode every Monday. If you can never get enough true crime... Congratulations, you’ve found your people. Follow to join a community of Crime Junkies! Crime Junkie is presented by Audiochuck Media Company.

    Two Guys, Five Rings: Matt, Bowen & The Olympics

    Two Guys (Bowen Yang and Matt Rogers). Five Rings (you know, from the Olympics logo). One essential podcast for the 2026 Milan-Cortina Winter Olympics. Bowen Yang (SNL, Wicked) and Matt Rogers (Palm Royale, No Good Deed) of Las Culturistas are back for a second season of Two Guys, Five Rings, a collaboration with NBC Sports and iHeartRadio. In this 15-episode event, Bowen and Matt discuss the top storylines, obsess over Italian culture, and find out what really goes on in the Olympic Village.

Advertise With Us
Music, radio and podcasts, all free. Listen online or download the iHeart App.

Connect

© 2026 iHeartMedia, Inc.